Este Sábado no programa número 7 tivemos con nós a Xabier Vizcaíno con quén conversamos do seu último traballo. Un libro cd que baixo o título de «Neno de Monte» conta con cinco relatos que o músico rescatou dos seus avós e no que puxo súas boas maneiras de contador de historias. A estes relatos acompáñaos un CD con 6 cancións con tintes acústicos dos que destaca «Camiños», o single que nos permite ver se cadra a un novo Vizcaíno, pero co que nos continua emocionando e removéndonos como xa o conseguira cos seus «Sete Chorares». Un single que por se fora pouco ven acompañado á súa vez dun precioso videoclip (candidato ós Mestre Mateo) que fai brilar se cadra máis esta beleza musical.
Podedes escoitar a entrevista no noso podcast: